cabeceira ESPIRITO MONTUNO
MÁIS DE MONTE QUE UN TOXO

Parque forestal do Pontillón do Castro

Como chegar

Ubicación GPS do estacionamento

42°29'49.2"N 8°37'03.1"W

CONSELLOS:

En coche: Podes acceder ao Parque Forestal do Pontillón do Castro desde a N-550, tomando o desvío á altura de San Amaro (Concello de Barro) ou desde outras localizacións pasando polo interior da parroquia de Verducido (Pontevedra)
A pé: É recomendable a ruta desde a Igrexa de San Martiño de Verducido.
Recomendacións xenéricas: malia haber fontes de auga, recomendamos á persoa visitante dispoñer de líquidos abundantes para facer os percorridos a pé e dun teléfono móbil por se fose necesario en caso de emerxencias. Pode facer uso dos teléfonos de emerxencias de ser necesario (Bombeiros 085, Emerxencias 112, Policía Local 986 833 080).

QUE VAS ATOPAR?

Compártenos
as túas fotos

As imaxes recibidas serán publicadas nesta web, para así construír un arquivo fotográfico dos montes de Pontevedra.