Como chegar
Ubicación GPS do estacionamento
42°23'49.5"N 8°35'57.3"W
CONSELLOS:
En coche: Podes acceder ao Parque Forestal da Fracha desde o Polígono Industrial do Campiño (Pontevedra) ou A Reigosa (Ponte Caldelas). É recomendable seguir desde alí as indicacións do GPS/maps debido a que os cortes de estradas causados pola autovía A57 non están aínda reflexados nos equipos, o que pode levar a perdas.
A pé: Pode facerse a ruta desde as parroquias de Canicouva, Tomeza e Marcón. Proximamente achegaremos enlaces cos percorridos que faltan.
Recomendacións xenéricas: non hai fontes de auga tratada, recomendamos á persoa visitante dispoñer de líquidos abundantes para facer os percorridos a pé e dun teléfono móbil por se fose necesario en caso de emerxencias. Pode facer uso dos teléfonos de emerxencias de ser necesario (Bombeiros 085, Emerxencias 112, Policía Local 986 833 080).
QUE VAS ATOPAR?
A Fracha - Valores Naturais
A Fracha - Sendas bici
A Fracha - Área Lecer Outeiro Navío
A Fracha - Área Lecer Rega Pereira
A Fracha - Área Lecer Coto das Forcadas
A Fracha - Rutas peonís
A Fracha - Vistas desde Outeiro Navío
A Fracha - Vistas desde Rega Pereira
A Fracha - Vistas desde Legua da Chan
A Fracha - Vistas desde Coto das Forcadas
Compártenos
as túas fotos
As imaxes recibidas serán publicadas nesta web, para así construír un arquivo fotográfico dos montes de Pontevedra.