cabeceira ESPIRITO MONTUNO
Demasiado urbanita para entendelo

Parque forestal
da Tomba

Como chegar

Ubicación GPS do estacionamento

42°27'08.4"N 8°39'31.3"W

CONSELLOS:

En coche: Podes acceder ao Parque Forestal da Tomba desde a rotonda de Cabaleiro (Campañó) tomando o desvío da VG-4.8 ou desde o Polígono do Vao. Aconsellámosche que fagas a ruta en coche ata o punto de estacionamento principal, situado xunto ao mirador do Torreiro e que dende alí emprendas a ruta a pé para visitar o Parque.
A pé: desde Pontevedra pode facerse a ruta desde diversos puntos. Recomendamos o ascenso desde a Ponte do Burgo, pasando pola Xunqueira da Gándara, o vial de servizo da autoestrada e os núcleos do Ribeiro e O Casal de Rei (Campañó). Ver aquí. Esta ruta non chega ao mesmo punto ca a anterior, pois deixa á persoa camiñante na zona baixa do Parque, desde onde pode percorrer a pé as aproximadamente 80 ha a través dos sendeiros e camiños.
Recomendacións xenéricas: malia haber fontes de auga, recomendamos á persoa visitante dispoñer de líquidos abundantes para facer os percorridos a pé e dun teléfono móbil por se fose necesario en caso de emerxencias. Pode facer uso dos teléfonos de emerxencias de ser necesario (Bombeiros 085, Emerxencias 112, Policía Local 986 833 080).

QUE VAS ATOPAR?

Compártenos
as túas fotos

As imaxes recibidas serán publicadas nesta web, para así construír un arquivo fotográfico dos montes de Pontevedra.